sábado, 4 de octubre de 2014

Recuperación de antigas sendas

Rematada a tramitación e aprobados os convenios de colaboración acordados coas distintas administracións locais, suscritos entre a  Asociación Eirasenda, Concello de Carballeda de Avia e a Entidade Local Menor de Berán, iniciamos os traballos de rehabilitación e limpeza dun sendeiro perimetral de nove kilómetros, que discorre en boa parte a carón do regato do Barbaña, pasando polas termas en Caldelas de Berán.

Con esta iniciativa  preténdese por en valor o entorno natural, paisaxístico e etnográfico.





























Acadamos disfrutalo en breve, e para entón organizaremos unha andaina.