A ASOCIACIÓN
CULTURAL EIRASENDA celebrou días atrás unha reunión da súa xunta
directiva para analizar e valorar os proxectos postos en marcha e
programar novos eventos de cara os vindeiros meses.
No
apartado de actividades en proceso de realización, remarcar que
estase a traballar na limpeza e acondicionamento -no marco dun
proxecto de colaboración co Concello de Carballeda de Avia- dun
sendeiro entre a zona do Fexaco-Insua a carón do Barbaña ata
Caldelas (Berán); o consistorio ribeirao facilita o material preciso
e a asociación colabora ca prestación da man de obra para habilitar
iste camiño como un recurso turístico mais deste concello.
Ademais,
Eirasenda tamén concertou un marco de colaboración ca Entidade
Local Menor de Berán co fin de habilitar outro sendeiro que percorre
a área recreativa do San Roque e remata nas termas de Beran en
Caldelas. Ámbolos dous sendeiros conforman unha ruta perimetral que
pretende por en valor o entorno natural, paisaxístico e etnográfico
da zona. Asimismo o colectivo cultural elaborou por medio da
historiadora Maria Luisa González Álvarez a proposta histórica
para a aprobación e homologación do escudo heráldico da Entidade
Local Menor ante o organismo correspondente da Xunta de Galicia.
Noutro orde
de cousas, acordouse a celebración dunha velada poético-musical no
mes de maio en Beiro ( Carballeda de Avia) no local social da
asociación, ca finalidade de por en valor os novos valores
artísticos do Ribeiro e por ende contribuir a dinamización cultural
do occidente ourensán.
Lembrar que
a A.C. Eirasenda é un colectivo nado no berce desta comarca
histórica e que ten coma obxectivo revitalizar a cultura nos seus
diferentes niveis, facendo especial fincapé na promoción e
recuperación de sendas e camiños como eixe esencial para o
fortalecemento dunha actividade turística constante e rendíbel.
Ourense,
14 de abril de 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario