martes, 2 de junio de 2015

Unha emotiva presentación do libro "Un mundo que no ví" da historiadora Susana Maceiras Quinteiro

O pasado día 30 de maio, no local social da Asociación Cultural Eirasenda, na localidade de Beiro, celebrouse como xa se viña anunciando, unha nova actividade dentro da programación anual deseñada por este colectivo ribeirao. A profesora e escritora Susana Maceira Quinteiro que naceu en Bos Aires (Arxentina), presentou a súa obra "Un mundo que no ví”. A autora está vencellada o pobo de Beiro en Carballeda de Avia a través dos seus antepasados, que son protagonistas dun relato polo que transcorre a historia dos seus avós, pais, irmáns e fillos nun entorno hostil de persecución e a emigración na guerra civil e posguerra española.

A localidade de Beiro seviu de marco a unha iniciativa que se desenrolou ca presentación a cargo do presidente da Asociación Cultural Eirasenda, Abdón Fernández Torres, da autora e demais intervintes. Contou coa colaboración da profesora da universidade da Coruña, Carmen Pérez Pais, así como a súa colega e amiga persoal, Rosa Luz, afondando na personalidade e traxectoria biográfica da autora.

Ademais, contouse coa presenza e intervención do alcalde en funcións Luis Milia, así como a do concelleiro electo polo Partido Popular o concello de Carballeda de Avia, Marcos Ríos Alén.

O acto completouse cun testimonio videográfico e estivo amenizado coa actuación musical do cantautor carballinés Andrés Fernández, para rematar nun ambiente de faladoiro entorno a temática da memoria histórica e degustando un viño Ribeiro.


A Asociación Cultural Eirasenda quere mostrar o seu agradecemento, o que se suma a autora Susana Maceira Quinteiro, o pobo de Beiro así como o resto de asistentes e colaboradores, representantes institucionais e veciños e veciñas, que mostraron o seu interese e apoio a tan exitoso acto.