O
pasado día 30 de maio, no local social da Asociación Cultural
Eirasenda, na localidade de Beiro, celebrouse como xa se viña
anunciando, unha nova actividade dentro da programación anual
deseñada por este colectivo ribeirao. A profesora e escritora Susana
Maceira Quinteiro que naceu en Bos Aires (Arxentina), presentou a súa
obra "Un mundo que no ví”. A autora está vencellada o pobo
de Beiro en Carballeda de Avia a través dos seus antepasados, que
son protagonistas dun relato polo que transcorre a historia dos seus
avós, pais, irmáns e fillos nun entorno hostil de persecución e a
emigración na guerra civil e posguerra española.
A
localidade de Beiro seviu de marco a unha iniciativa que se
desenrolou ca presentación a cargo do presidente da Asociación
Cultural Eirasenda, Abdón Fernández Torres, da autora e demais
intervintes. Contou coa colaboración da profesora da universidade da
Coruña, Carmen Pérez Pais, así como a súa colega e amiga persoal,
Rosa Luz, afondando na personalidade e traxectoria biográfica da
autora.
Ademais,
contouse coa presenza e intervención do alcalde en funcións Luis
Milia, así como a do concelleiro electo polo Partido Popular o
concello de Carballeda de Avia, Marcos Ríos Alén.
O
acto completouse cun testimonio videográfico e estivo amenizado coa
actuación musical do cantautor carballinés Andrés Fernández, para
rematar nun ambiente de faladoiro entorno a temática da memoria
histórica e degustando un viño Ribeiro.
A
Asociación Cultural Eirasenda quere mostrar o seu agradecemento, o
que se suma a autora Susana Maceira Quinteiro, o pobo de Beiro así
como o resto de asistentes e colaboradores, representantes
institucionais e veciños e veciñas, que mostraron o seu interese e
apoio a tan exitoso acto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario