viernes, 10 de junio de 2016

Marta Quintana en concerto


O vindeiro día 25 de xuño do 2016 as 21 horas do serán, dentro do programa de actividades da nosa asociación, terá lugar  un concerto cun carácter singular e nun marco  incomparable :  a Reitoral de Beiro, sita no Concello de Carballeda de Avia.

A nosa intención é a posta en valor, rescatando do olvido, o patrimonio histórico artístico e conxugándoo co deleite da música da man de Marta Quintana, compositora e arreglista, ademais de cantante e arpista. As súas creacións baséanse na nosa música tradicional co seu toque persoal.

Como remate do evento, amenizaremos a tertulia cun viño do Ribeiro.