Rematada a tramitación e aprobados os convenios de colaboración acordados coas distintas administracións locais, suscritos entre a Asociación Eirasenda, Concello de Carballeda de Avia e a Entidade Local Menor de Berán, iniciamos os traballos de rehabilitación e limpeza dun sendeiro perimetral de nove kilómetros, que discorre en boa parte a carón do regato do Barbaña, pasando polas termas en Caldelas de Berán.
Con esta iniciativa preténdese por en valor o entorno natural, paisaxístico e etnográfico.