ASOCIACIÓN


A Asociación Cultural Eirasenda pretende ser un instrumento para tentar un desenvolvemento equilibrado, eficaz e eficiente das áreas rurais, para deste xeito tratar de evitar o desapego e despoboamento que está a sofrir o interior do noso país.
Baixo iste punto de vista, dende o noso colectivo, ofertamos unha serie de ferramentas que teñen coma obxectivo por en valor e rendibilizar dun xeito social e económico as potencialidades paisaxísticas, etnográficas, históricas e patrimoniais que atesoura o mundo rural e deste xeito ofertar una nova alternativa de vida nistes convulsos tempos do século XXI.
As potencialidades mencionadas no parrágrafo anterior, xestionadas dun xeito coherente e sistemático, poden ser un trampolín para desenvolver un Turismo que actúe de verdadeiro dinamizador e coma fonte de xeración de riqueza das zonas rurais.
E para acadar iste obxectivo é fundamental o coñecemento do noso entorno a traverso da confección de roteiros culturais que teñan coma denonimador común a nosa historia e patrimonio.
Ademais, outra das vertentes de actuación, basearíase na edición de publicacións sobre o Ribeiro, estudando as súas parroquias, concellos, toponimia, etc. Outro dos pilares do plan de traballo é a organización de xornadas, foros, e encontros sobre a evolución artística, histórica e económica desta comarca da provincia de Ourense.
Ademais, a colabouración con outras entidades culturais e sociais e cos organismos institucionais articúlase coma esencial a hora de redactar e propor estratexias de desenvolvemento integral.
Os citados obxetivos que propoñemos é tarea que nos é común a todos.




HORARIO DA SEDE SOCIAL