O vindeiro día 25 de xuño do 2016 as 21 horas do serán, dentro do programa de actividades da nosa asociación, terá lugar un concerto cun carácter singular e nun marco incomparable : a Reitoral de Beiro, sita no Concello de Carballeda de Avia.
A nosa intención é a posta en valor, rescatando do olvido, o patrimonio histórico artístico e conxugándoo co deleite da música da man de Marta Quintana, compositora e arreglista, ademais de cantante e arpista. As súas creacións baséanse na nosa música tradicional co seu toque persoal.
Como remate do evento, amenizaremos a tertulia cun viño do Ribeiro.