O
pasado sábado inaugurábase na localidade de Beiro (Carballeda de Avia) a sede
da Asociación
Cultural Eirasenda, entidade que ten coma obxectivo fundacional a
dinamización do tecido cultural do occidente ourensán, tentando atopar mecanismos
para atallar a recesión demográfica do interior da provincia mediante
alternativas económicas a partires da posta en valor dos recursos histórico-artísticos,
paisaxísticos e etnográficos da área en cuestión.
O
grupo musical Andasoa do Carballiño puxo a nota musical a un evento que contou
ca participación de arredor de corenta persoas,
que quixeron acompañar a posta de largo dun colectivo que propón coma actividades
esenciais, a identificación, recuperación e señalizacións de camiños e sendas, e a organización de accións
formativas en torno as potencialidades
do territorio.
Iste
novo espazo cultural, que a su vez pretende ser un foro de exposición das obras
dos creadores plásticos galegos, sitúase na rúa A Cepa, 63 en Beiro, e en palabras
do presidente de Eirasenda, Abdón Fernández Torres “iste local é unha chamada o espíritu da colectividade,
ó traballo en común para abordar os novos retos os que se enfrenta a sociedade nestes
tempos convulsos de dificultades económicas e crise social.”
Unha
presentación audiovisual completou o acto que rematou cun viño galego xa ben
entrada a noite ribeirá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario